Friday 17 de May de 2024

O Miradoiro de Pedra da Ra, un dos 21 finalistas nos prestixiosos 58º Premios FAD de Arquitectura entre 416 presentados


Só 2 aspirantes galegos ao galardón máis importante da península

Se hai 10 días transcendía que o proxecto de remodelación do miradoiro de Pedra da Ra fora seleccionado para formar parte do Pavillón de España na XV Bienal de Venecia de Arquitectura, agora vimos de coñecer que esta actuación acaba de resultar finalista dos 58º Premios FAD de Arquitectura, o certame máis importante da península Ibérica, sendo unha das 21 actuacións candidatas entre as 416 obras presentadas de España e Portugal (hai tamén unha categoría de Pensamento e Crítica con 72 aspirantes e outro Internacional con 39).

Concretamente, o proxecto deseñado por Carlos Seoane competirá na categoría de “Cidade e Paisaxe”, enfrontándose a outras tres iniciativas: Nou Accés al Centre Històric de Gironella, Huertas de Caramoniña e Pis Zero.

Entre as 21 obras, só hai outra galega: precisamente, Huertas de Caramoniña, proxecto de Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso localizado en Santiago de Compostela. A relación completa de finalistas pódese consultar aquí: http://arquinfad.org/premisfad/es/

Os gañadores absolutos aínda están por decidir. A festa de entrega dos premios terá lugar o 8 de xuño no Disenny Hub Barcelona.

Valoración do xurado
O xurado, formado por Moisés Gallego, Patricia Barbas, Eduardo de Miguel, Maite Prats, Rosa Remolà e Julia Schulz-Dornburg, di isto ao respecto de Pedra da Ra: “Una enorme piedra, en equilibrio inestable, jalona un otero que fue cantera de granito. La panorámica desde la cima es impresionante tal que los restos de la cantera merecieron la condición de lugar. Una desafortunada construcción dio fe de este hecho. La restauración del mirador es una sutil intervención que extrae los elementos superfluos que se añadieron a la roca buscando la esencia del emplazamiento. Una baranda de acero sugiere un camino para acercarse a la cima, una baranda de piedra maciza coloca al espectador frente al paisaje, y restos de una mínima urbanización periférica establecen el justo equilibrio entre obra construida y naturaleza del lugar”.

Cómpre lembrar que a actuación de remodelación foi un proxecto cofinanciado con fondos Feader xestionados pola asociación Deloa que supuxo recuperación do entorno da Pedra da Ra, demolendo a escalinata existente e acondicionando a área de actuación a través da disposición de distintos puntos de observación para ofrecer aos usuarios distintas opcións e perspectivas para o disfrute da paisaxe.

Foron empregados distintos tipos de pavimento de pedra natural do país con diferentes densidades, así como outros elementos como varandas tipo inox, varandas de barras, muros de granito, bancos de pedra ou alcorques de ferro forxado.